Esta fin de semana, vense de celebrar nas piscinas do Real Club Náutico de Vigo, o Campionato Galego Alevín de verán de natación.
O Clube Natación Arzúa participaba, en principio, con dúas nadadoras, Lorena Pereiro e Alba Senín, e dous nadadores, Raul Segade e Diego Conde. Decimos, en principio, pois unha lesión de útlima hora deixou a Diego Conde sen poder certificar as moitas posibilidades que tiña de facer un bo papel nestes campionatos.
Quen sí o consigueu, foi Raúl Segade quen se proclamou Campión Galego Alevín en 200 costas e 100 bolboreta e Subcampión en 200 estilos a menos de medio segundo do Campión.
Lorena Pereiro tamén se procalmou Campiona Galega en 200 libres e Subcampiona nos 100 libres. Nos 100 costas acabou sexta.
Alba Senín foi 12ª en 400 libres, 15ª en 200 libres e 16ª en 400 estilos.