Campionato Galego Absoluto e Xunior de verán

Dende a tarde de este venres 28 e ata o domingo 30, vanse a celebrar nas instalacións das piscinas olímpicas Rías do Sur de Pontevedra os Campionatos Galegos de verán Xunior e Absolutos.
Despois da baixa por lesión para o que resta de tempada de Lidia Veiga, o Clube Natación Arzúa vai estar presente só con dúas nadadoras Xunior, Alicia Senín e Raquel Rey.
Na categoría absoluta contaremos con tres nadadoras:
UXÍA OROIS: 100m. bolboreta, 200m. braza, 200m. costas e 200m. bolboreta.
RAQUEL REY: 400m. libre, 100m. costas, 200m. libre e 200m. costas.
e ALICIA SENIN: 400m. libre, 50m. bolboreta, 800m. libre e 200m. bolboreta.
e seis nadadores:
DAVID PAMPIN: 200m. estilos, 200m. braza e 100m. braza
GASPAR ANDRADE: 400m. libre, 800m. libre, 1500m. libre e 400m. estilos.
ALFONSO ANDRADE: 200m. costas e 400m. estilos
ÓSCAR PEREIRO: 100m. costas, 50m. costas, 50m. bolboreta e 100m. libre.
ROMÁN OROIS: 400m. libre, 100m. costas, 50m. costas e 400m. estilos.
e JOSÉ RAMÓN REY: 50m. libre, 50m. bolboreta, 50m. braza e 100m. braza.
Tamén teremos representación nos relevos masculinos nas probas de 4x50 estilos, 4x100 libre, 4x50 libre e 4x200 libre.
Podedes consultala convocatoria na sección da web ou seguilo transcurso da competición na páxina da fegan.