Óscar Pererio nos Xogos do Mediterráneo en Turquía

O nadador arzuán Óscar Pereiro ven de ser participar, formando parte da selección nacional de natación, nos Xogos do Mediterráneo que se veñen de celebrar este ano na localidade Turca de Mersin dende o 21 e o 25 de xuño.

Óscar nadou o venres os 50 m. costas no que se clasificou segundo na súa serie e cuarto por tempos para a final na que rematou no mesmo cuarto posto a décimas do gañador, o italiano Stefano Mauro Pizzamiglio.
O segundo posto foi para outro transalpino, Niccolo Bonacchi e a prata para o español Juan F. Segura.

Xa o luns, Pereiro nadou os 100 m. costas no que, a pesar de quedar cuarto na súa serie gracias a un tempo de 58:91, non puido meterse entre os oito mellores no que Juan F. Segura acadou de novo a medalla de bronce.

Xunto a Pereiro participaba outra galega, a ribeirense María Vilas, que, cun tempo de 4:44,58 adadou a medalla de prata nos 400 m estilos.
Nos 800 m libres e case sen tempo para recuperarse, foi sexta cun tempo de 8:52,05.

Óscar e María regresan o mércores, chegando ó aeroporto de Vigo perto da media noite.

Noraboa ós dous que, coa súa xuventude, seguro que nos darán moitas alegrías nos vindeiros anos.