Historia

O Clube Natación Arzúa fundouse no 2.004 como resposta á inquietude de pais, nais e nadadores/as arzuáns surxidos a raiz da construcción dunha piscina climatizada municipal.
Dende enton non parou de aumentalo número de licencias, chegando incluso a formarse un grupo Master no ano 2007.
Cabe destacar que en tódalas categorías sempre houbo grandes nadadores que tódolo anos destacaban tanto nos campionatos galegos coma incluso nacionais.
Dos nadadores máis coñecidos que sairon deste Clube podemos destacar Campións de España Absolutos coma Óscar Pereiro, medallistas en categorías inferiores coma Xosé Ramón Rey ou Gaspar Andrade e Campións Galegos, ademáis dos citados anteriormente, como Óscar Gómez, Lidia Veiga, Alfonso Andrade, Diego Conde, Raúl Segade ou Uxía Orois.
Na actualidade o Clube está composto por 47 nadadores/as do Concello de Arzúa e limítrofes distribuidos en varias categorías, representando a imaxe e o nome de Arzúa.
Nestes momentos o Clube atópase na Segunda división da liga da Federación Galega de Natación, con varios nadadores/as de gran calidade a título individual.