![]() |
| Subcampións Galegos 4X50 estilos |
Dende a tarde do venres e ata o domingo 30, viñéronse celebrando nas instalacións das piscinas olímpicas Rías do Sur de Pontevedra os Campionatos Galegos de verán Xunior e Absolutos.
Todo escomezou de forma inmellorable, xa que na primeira proba na que se participaba, o relevo de 4X50 masculino formado por Óscar Pereiro, José Ramón Rey, Gaspar Andrade e Román Orois facían historia proclamándose subcampións galegos nesta proba co que son o primeiro relevo absoluto que sube a un pódium na historia do Clube Natación Arzúa. O resto da xornada do venres transcurriu con normalidade destacando só o séptimo posto acadado por Gaspar Andrade en 400 libres.
Xa o sábado comezaron a aparecer as medallas individuais, todas da man de Óscar Pereiro que se voltou a proclamar Campión Galego en 100 e 50 costas e subcampión en 50 bolboreta. Destacar tamén que David Pampín rozou o bronce en 200 braza nunha proba na que acabou cuarto.
Xa na xornada do domingo todo comezou horrible xa que na primeira proba da mañá o relevo de 4X50 libres acabou nun meritorio 6º posto que se viu empañado pola lesión de Román Orois que se rompeu un brazo na chegada contra a parede da piscina. A pesar do mal trago que levaron os seus compañeiros, lonxe de virse abaixo, adicáronlle catro medallas máis, tres de bronce acadadas por José Ramón en 50 e 100 braza e outra de Gaspar Andrade en 1500 e unha máis de prata de Óscar Pereiro nos 100 libres.
En resumo, boa participación arzuana nestes campionatos, sobre todo se temos en conta que son absolutos e só Óscar Pereiro e José Ramón Rey son de esa categoría, o resto son todos de categoría inferior, a maioría varias categorías menos.
Facendo un resumo nadador por nadador, os resultados quedarían así:
Na categoría xunior:
RAQUEL REY: 16ª en 400m. libre, 14ª en 100m. costas, 17ª en 200m. libre e 13ª en 200m. costas.
e ALICIA SENIN: 11ª en 400m. libre, 7ª en 50m. bolboreta, 8ª en 800m. libre e 5ª en 200m. bolboreta.
Xa en categoría absoluta:
UXÍA OROIS: 17ª en 100m. bolboreta, 18ª en 200m. braza, 15ª en 200m. costas e 10ª en 200m. bolboreta.
DAVID PAMPIN: 21º en 200m. estilos, 4º en 200m. braza e 13º en 100m. braza
GASPAR ANDRADE: 7º en 400m. libre, 5º en 800m. libre, 3º e medalla de bronce en 1500m. libre e 13º en 400m. estilos.
ALFONSO ANDRADE: 18º en 200m. costas e 22º en 400m. estilos
ÓSCAR PEREIRO: 1º e Campión Galego absoluto en 100m. costas e 50m. costas e 2º e Subcampión Galego en 50m. bolboreta e 100m. libre.
ROMÁN OROIS: 25º en 400m. libre, 16º en 100m. costas, e 16º en 50m. costas, sendo baixa pola lesión nos 400m. estilos.
e JOSÉ RAMÓN REY: 13º en 50m. libre, 18º en 50m. bolboreta e 3º e medalla de bronce en 50m. e 100m. braza.
Non podemos esquecer os relevos masculinos, xa que en 4x50 estilos nos proclamamos Subcampións galegos, fomos sextos en 4x100 e 4x50 libres e, xa sin Román, decimocuartos nos 4x200 libre.
Podemos citar, de maneira anecdótica, xa que somos un equipo moi limitado en número de nadadores, que se acabou nunha incrible 13º praza na xeral por equipos.
Noraboa a tod@s e ánimos a Román, que se atopa no hospital agardando a ser operado, para que se recupere o antes posible.
Podedes consultar todos os resultados na páxina da fegan.
