Resultados Campionato de España Xunior e Infantil en Cádiz

Remataron os Campionatos de España de natación de inverno en categoría Xunior e Infantil que se viñeron desputando dende o xoves e ata este domingo na cidade andaluza de Cádiz.
Polo que se refire á participación do Clube Natación Arzúa, alí estaba Gaspar Andrade que desputou catro probas, unha cada día.
Gaspar escomezou o campionato coa súa proba predilecta, os 1500 m. libres, nos que acabou na 11º praza da súa categoría, despois de quedar terceiro na súa serie cun tempo de 16:23.90, o que lle supuxo o citado 11º posto da categoría Xunior e 5º do ano 1988.
Xa o venres tocoulle a quenda ós 400 m. estilos nos que Gaspar acadou o posto 27 da categoría xunior, non clasificándose para as finais da tarde nas que nadaban os vinte mellores.
O sábado o nadador arzuán desputou pola mañá as preliminares da proba de 400 metros libre acabando no posto 16 da categoría xunior, cunha mellor marca persoal de 04:08,69. Gracias a ese tempo acadou o pase para a final B da súa categoría que se desputaba pola tarde e na que rematou 14º da xeral xunior e 6º da súa idade, voltando a mellorar a súa mellor marca da mañá.
E xa por último, na xornada dominical, Gaspar despideuse cun 30º posto na proba de 200 m libres na categoría xunior cun tempo de 01:59,68 que ven sendo tamén a súa mellor marca persoal nesta proba.
Tendes máis polo miúdo a competición na súa web.