Gaspar convocado coa selección nacional

O nadador Gaspar Andrade Budiño non deixa de darnos alegrías ós siareiros e compañeiros do Clube Natación Arzúa.
Desta vez, Gaspar non vai ter tempo de desfacelas maletas da súa participación nos Campionatos de España Xunior e Infantil que se ven de desputar en Cádiz, xa que acaba de ser convocado pola Selección Nacional Absoluta e Xunior de Augas Abertas para unha concentración que se celebrará no Centro de Alto Rendemento de Sant Cugat do 4 ó 8 de marzo.