Campionatos de España Xunior e Infantil en Cádiz

O Complexo Deportivo "Ciudad de Cadiz" será a sede donde se van celebrar os XXXII Campionatos de España Xunior e os XXXV Infantiles de natación dende este xoves 26 e ata o vindeiro domingo día 1 de Marzo. 
De entre os 744 nadadores participantes, o Clube Natación Arzúa estará representado por Gaspar Andrade.
Acompañado por Héctor, adestrador do clube, Gaspar xa se desprazou á cidade andaluza para participar en catro probas da categoría Xunior:
O xoves nas finais dos 1500 m. libres
O venres será o día dos 400 m. estilos.
O sábado será a quenda dos 400 m. libres.
E xa o domingo despedirase coa desputa dos 200 m. libres.
Agás os 1500, nas outras probas Gaspar nadará as preliminares pola mañán e, de clasificarse para as finais, estas serían pola tarde.
Podedes seguila competición máis polo miúdo na web oficial.