Resultados da 2ª Xornada da Liga Galega de Clubes

Este sábado día 24, desputouse nas Piscinas Municipais de Redondela a segunda xornada da Liga Galega de Clubes Grupo D.
Despois dunha primeira xornada, na que, por distintos motivos, os arzuáns acabaron penúltimos pois tiveron que competir coa metade do equipo, nesta segunda, xa co equipo case completo, os arzuáns refixéronse acadando o segundo posto, empatando a puntos co equipo local..
A clasificación quedou así:

1º. Clube Natación Rías Baixas  de Vigo - 246,0 Pts. 
2º. Clube Natación Arzúa - 235,0 Pts.
     Clube Náutico Redondela - 235,0 Pts.
4º. Universidade de Santiago - 185,0 Pts.
5º. Clube Natación Monforte - 157,0 Pts.
6º. Clube Natación Mos - 144,0 Pts.

Nesta segunda xornada, o clube arzuán estivo representado por seis nadadoras e oito nadadores, dos que se poden destacalos primeiros postos de Gaspar Andrade e Xosé Ramón Rey, un segundo posto de Antía Senín, un terceiro de Raúl Segade e un primeiro posto no relevo masculino.
Despois destes resultados, o Clube Natación Arzúa escala ata o terceiro posto, empatado a puntos co equipo de Monforte.