2ª Xornada da Liga Galega en Redondela

Este sábado día 24 a partires das 5 da tarde, vaise desputar nas Piscinas Municipais de Redondela a segunda xornada da Liga Galega de Clubes Grupo D.
Despois da primeira xornada, na que, por distintos motivos, os arzuáns tiveron que competir coa metade do equipo, a clasificación está así:

1º. Clube Natación Rías Baixas  de Vigo - 334,0 Pts. 
2º. Clube Natación Monforte - 293,0 Pts.
3º. Clube Náutico Redondela - 273,5 Pts.
4º. Universidade de Santiago - 265,0 Pts.
5º. Clube Natación Arzúa - 234,5 Pts.
6º. Clube Natación Mos - 232,0 Pts.

Nesta segunda xornada, o clube arzuán xa estará representado por sete nadadoras e oito nadadores, que se repartirán as probas do seguinte xeito:
Antía Senín que nadará 100 estilos e 50 braza
Uxía Orois, 100 estilos e 200 bolboreta
Karen Blanco, 200 libres
Lorena Pereiro, 200 libres
Elena Peteiro, 50 braza e 100 costas
Alba Senín, 200 bolboreta e 50 libres
Raquel Rey, 50 libres e 100 costas
Brais Senín, 100 estilos e 200 bolboreta
David Pampín, 100 estilos
Alfonso Andrade, 1500 e 100 libres
Gaspar Andrade, 1500 libres
Héctor García, 50 braza
Xosé Ramón Rey, 50 braza e 100 libres
Raúl Segade, 200 bolboreta e 100 costas
e Román Orois, 100 costas.
Tamén teremos representación nas probas de remudas 4x200 libres masculinos e 4x100 libres feminino.
Máis info na sección convocatorias.