Campionato de España por Comunidades Autónomas Junior e Infantil

Este fin de semana vanse desputar en Castellón os Campionatos de España de natación por Comunidades Autónomas en categoría Junior e Infantil.
Formando parte da Selección Galega, estará o nadador arzuán Gaspar Andrade.
Gaspar vai competir en tres probas e, probablemente, nalgún relevo, se os adestradores así o deciden.
O sábado Gaspar nadará a súa proba por excelencia, os 1500 m. libres e o domingo pola mañá os 200 libres, despedindo a competición cos 400 libres ese mesmo día pola tarde.
Gaspar desprazase co resto da expedición hoxe xoves, tendo prevista a volta o terminar a competición.
Podedes consultalo transcurso, horarios e resultados na súa web.