Resultados do Campionato Galego Absoluto de Inverno

Dende o venres e ata o domingo, viñéronse celebrando nas piscinas de Santa Isabel en Santiago os Campionatos Galegos Absolutos de Inverno de Natación.
En representación do Clube Natación Arzúa tivemos catro nadadores:
David Pampín nadou as probas de 50 e 100 braza, nos que acabou 15º e 17º respectivamente.
Héctor García foi 11º nos 50 braza.
Alfonso Andrade foi 10º nos 200 costas.
e Gaspar Andrade que foi o gran protagonista da expedición arzuana, Gaspar, a pesar de ser aínda de idade xunior, nadou primeiro os 400 libres nos que partía co 5º mellor tempo e acabou a só 81 centésimas do bronce, na siguiente proba, os 100 costas, acabou nun meritorio 7º posto.
Nos 800 libres foi onde se saleu logrando o primeiro posto, medalla de ouro e novo Campión Galego Absoluto, gracias a un tempo de 8:17:36.
Xa na súa última proba, 1500 libres, Gaspar añadeu un novo título o seu currículum, esta vez de subcampión galego absoluto.
Nas probas de relevos, o equipo arzuán logrou dous 14º postos en 4x50 estilos e 4x100 libres e dous 12º en 4x200 e 4x50 libres, sinalar que nos relevos do venres (4x50 estilos e 4x200 libres) participou Raúl Segade.
Podedes consultalos resultados máis polo miúdo na web.