Campionato Galego Absoluto de Natación de Inverno

Dende hoxe e ata o domingo, vanse celebrar nas piscinas de Santa Isabel en Santiago os Campionatos Galegos Absolutos de Inverno de Natación.
En representación do Clube Natación Arzúa teremos a catro nadadores:
David Pampín que nadará as probas de 50, 100 e 200 braza
Héctor García en 50 braza e 50 bolboreta
Gaspar Andrade en 100 costas e 400, 800 e 1500 libre
e Alfonso Andrade nos 200 costas.
Así mesmo teremos representación nas probas de relevos 4x50 e 4x100 estilos e 4x50, 4x100 e 4x200 libres.
Se non podedes achegarvos a Santiago, podedes seguila competición na súa web.