Campionato de España Absoluto en Sabadell

Este pasado fin de semana viñéronse desputando nas piscinas do Centro Can LLong de Sabadell os LVIII Campionatos de España Absolutos de Natación de Inverno en pisicina de 25 metros.
Nunha competición na que se deu cita a elite da natación nacional e na que se batiron records galegos, nacionais e mundiais, o nadador arzuán Gaspar Andrade tamén deixou a súa pegada.
Gaspar participou nas probas de 1500 e 800 libres
O venres, nadou os 1500, nos que acabou nun meritorio 26º posto xa que estamos a falar duns campionatos absolutos e Gaspar, de momento ten só 16 anos. Inda así, o arzuán foi o mellor galego da proba, gracias a un tempo de 15:50.09
Xa onte, despideu a competición cos 800 libres nos que acabou de novo no posto 26 cun tempo de 8:15:05, o que lle supuxo ser o novo record galego de 16 anos.
Noraboa Gaspar.
Tés tódolos datos na web da competición.