Campionato de España Absoluto en Sabadell

Dende este venres día 12 e ata o domingo 14, vanse desputar nas piscinas do Centro Can LLong de Sabadell ós LVIII Campionatos de España Absolutos de Natación de Inverno en pisicina de 25 metros.
Entre a elite da natación nacional e compartindo piscina con xente como a recente tetracampiona mundial, Mireia Belmonte, estará o nadador arzuán Gaspar Andrade, representando ó Clube Natación Arzúa.
Gaspar participará nas probas de 1500 e 800 libres
A proba dos 1500 terá lugar o venres pola tarde e a proba de 800 o domingo pola mañá.
Podedes seguila competición na súa web.