Campionato Galego Absoluto e Xunior de Verán

Dende hoxe venres e ata o vindeiro domingo, vanse celebrar nas piscinas Rosario Dueñas de Ourense os Campionatos Galegos de verán nas categorías Xunior e Absolutas.
Para esta cita, unha das máis importantes a nivel autonómico, o Clube Natación Arzúa despraza á cidade das Burgas a seis nadadores:
- David Pampín que nadará as probas de 100 e 200 braza
- Manuel Segade, que participará nos 400 estilos e 200 bolboreta
- Gaspar Andrade, que estará nos 200, 400, 800 e 1500 libres
- Alfonso Andrade, nos 200 costas e 400 estilos
- Óscar Pereiro, nadando 50 e 100 libres, 50 costas e 50 bolboreta
- e José Ramón Rey que participará nos 50 libres, 50 bolboreta e 50 e 100 braza
Con estos nadadores, tamén se formarán equipos para cinco relevos nos que se ten moitas esperanzas en poder acadar algunha medalla por primeira vez en categoría absoluta, a pesar de que só Óscar e José Ramón son de categoría absoluta.
Podedes seguila competición na web da federación galega de natación aquí.