Campionato Galego Alevín de verán

Este fin de semana pasada, viñéronse desputando nas piscinas Bergantiños de Carballo os Campionatos Galegos Alevíns de verán de natación.
O equipo do Clube Natación Arzúa estaba representado por unha sóa nadadora, Lorena Pereiro que desputaba tres probas, as máximas permitidas por nadador.
Lorena comezou a competición na proba de 400 m. libres, na que acadou a quinta praza da xeral, terceira da súa idade, o que lle valeu colgarse a medalla de bronce.
Xa na segunda e terceiras probas, 100 e 200 m. libres, Lorena non dou opcións ás súas rivais e proclamouse Campiona Galega de ditas distancias.
Xa por equipos, no que o Arzúa non tiña opcións pois só desprazou a Lorena, o Club Natación Portamiñá Lugo proclámase campión galego, mentres a segunda posición foi acadada pola Agrupación Deportiva Liceo e a terceira polo Club Natación Marina Ferrol.
Por sexos, o campión da categoría feminina foi o Club Natación Portamiñá Lugo e o da masculina foi a Agrupación Deportiva Liceo.
Podedes consultalas probas máis polo miúdo na páxina da federación.