Campionatos Galegos Absolutos e xunior en Ourense

Finalizaron os Campionatos Galegos de verán Absolutos e Xunior que se viñeron a desputar durante esta fin de semana nas instalacións das piscinas Rosario Dueñas de Ourense, cunha bagaxe nada despreciable de 10 medallas de ouro, 1 de prata, 2 de bronce e un record galego.
Gaspar Andrade acadou, a pesar de ser aínda de categoría Infantil, a medalla de ouro e título de Campión Galego tanto en 800 coma en 1500 libres, acadando o record galego da súa idade na primeira. Nas outras dúas probas nas que participaba, tivo un 7º posto en 400 libres e un 11º nos 200 libres.
Óscar Pereiro non dou opcións ós seus rivais e proclamouse Campión Galego nas catro probas nas que participou, 50 e 100 libres, 50 costas e 50 bolboreta.
Xosé Ramón Rey foi o que veu máis cargado, xa que, ademáis das medallas de relevos, trouxo cinco medallas máis pois acabou terceiro en 50 libres categoría xunior e primeiro e Campión Galego en 50 e 100 braza tanto en categoría Xunior como Absoluta., destacar que tamén acabou cuarto en 50 bolboreta xunior nunha proba moi axustada, proba delo é que acabou a só unha décima do segundo clasificado.
Os outros tres nadadores arzuáns que participaron nestes campionatos absolutos, a pesar de ser de idades moi infereiores, foron:
David Pampín que voltou cun 9º posto en 200 braza e un 12º en 100 braza.
Manuel Segade 9º en 200 bolboreta e 19º en 400 estilos
e Alfonso Andrade que foi 12º en 200 costas e 25º en 400 estilos.
Nas probas de relevos foi onde se acadaron as outras medallas, o equipo formado por Oscar Pereiro, Xosé Ramón Rey, Manuel Segade e Gaspar Andrade logrou a segunda praza e título de Subcampións Galegos en 4x50 estilos por segundo ano consecutivo e terceiros e medalla de bronce en 4x100 estilos, medalla esta a primeira na historia do clube en categoría superior nun relevo de 100 metros.
Os outros relevos acabaron cun 6º posto en 4x50 libres, 8º en 4x100 libres e 10º en 4x200 libres.
Xa, como anécdota, destacar que en categoría masculina absoluta, o Clube Natación Arzúa rematou nun incrible 5º posto da xeral, tendo en conta que eran só 6 nadadores.
Podes consultalas probas máis polo miúdo na web co campionato aquí.