CATRO OUROS, CINCO PRATAS E CINCO BRONCES INDIVIDUAIS, ADEMÁIS DA PRATA E O BRONCE EN REMUDAS É O RESULTADO DO CLUB NATACIÓN ARZÚA NO CAMPIONATO GALEGO DE NATACIÓN JUNIOR-INFANTIL DE INVERNO CELEBRADO EN CERVO A PASADA FIN DE SEMANA
Gaspar Andrade fixo tres ouros na categoría masculina junior, proclamándose campión galego nas probas de 200 m estilos, 400 m libre e 1500 m libre. Iris Sanmiguel fixo un ouro na categoría infantil feminina, proclamándose campiona galega na proba de 100 m libre.

Raúl Segade fixo tres pratas na categoría infantil masculina, proclamándose subcampión galego nas probas de 100 m braza, 100 m costas e 200 m costas. Manuel Segade fixo dúas pratas na categoría junior masculina, proclamándose subcampión galego nas probas de 100 m bolboreta e 200 m bolboreta.
Na proba de remudas do 4x100 estilos o equipo formado por Alfonso Andrade, David Pampín, Manuel Segade e Gaspar Andrade acadou a prata, proclamándose subcampións galegos junior.
Iris Sanmiguel fixo tres bronces na súa categoría, nas probas de 100 m costas, 200 m costas e 50 m libre. Raúl Segade fixo bronce na proba de 100 m bolboreta e David Pampín fixo bronce na proba de 200 m braza na categoría junior masculina. Acadoúse outra medalla de bronce en remudas, na proba do 4x200 libre, equipo formado por Gaspar Andrade, David Pampín, Alfonso Andrade e Manuel Segade.
Destacar tamén o cuarto posto na proba do 4x100 libre, na categoría junior masculina, do equipo formado por Gaspar Andrade, Manuel Segade, Jose Manuel Estradas e Alfonso Andrade, así como a participación en probas individuais de Lorena Pereiro, Alfonso Andrade e Rubén Veiga, que acadaron as moi difíciles mínimas para poder participar.
O Clube Natación Arzúa quedou terceiro clasificado na categoría junior masculina.
Os resultados máis polo miúdo podédelos ver no seguinte enlace da Fegan: