Galegos Xunior e Infantil de inverno en Cervo

Organizado polo Club Natación Xove, dende este venres e ata o vindeiro domingo, vaise celebrar nas Piscinas de 50 m. Municipais de Cervo o Campionato Galego de Natación de Inverno nas categorías Xunior e Infantil.
O Campionato comezará o venres ás cinco da tarde, tendo as outras sesións o sábado e o domingo dende as dez da mañá.
Daranse cita nesta ocasión 297 nadadores de 24 clubs de toda Galicia.
Clube Natación Arzúa estará representado por 9 nadadores, 2 rapazas e 7 rapaces dirixidos por Héctor García.
Os Nadadores convocados son:
INFANTILES:
IRIS SANMIGUEL  que nadará os 50 e 100 libres e os 100 e 200 costas
LORENA PEREIRO que estará nos 50, 100 e 200 libres e 100 braza
RAUL SEGADE que competirá nos 100 e 200 costas, 100 bolboreta e 100 braza
RUBÉN VEIGA que nadará os 100 bolboreta
e JOSÉ MANUEL ESTRADAS que participará nas probas de relevos
XUNIOR
GASPAR ANDRADE que nadará os 400 e 1500 libres, 200 estilos e 200 braza
DAVID PAMPÍN que estará nos 50, 100 e 200 braza e 200 estilos
ALFONSO ANDRADE que competirá nas probas de 100 e 200 braza, 400 libres e 200 costas
e MANUEL SEGADE que nadará os 50, 100 e 200 bolboreta e 400 estilos
Podedes consultar a competición máis polo miúdo na web oficial.