O Clube Marina Ferrol celebrou o pasado sábado día 29 o XXXIV Memorial Internacional Juan Varela - XVII Trofeo Concello de Ferrol, na Piscina remodelada da Armada, en Batallones - Ferrol.
Un ano máis o clube da cidade departamental rendiu homenaxe ó xove nadador Juan Varela falecido en 1980 nun tráxico accidente de trafico.
O Clube Natación Arzúa desprazou sete nadadores que acadaron unha medalla de prata e unha de bronce:
A medalla de prata foi en 50 braza para XOSÉ RAMÓN REY que se quedou, por moi pouco, sen a de bronce en 100 braza, nos 50 bolboreta rematou 7º.
O bronce acadouno GASPAR ANDRADE nos 200 costas, tamén participou nos 200 braza nos que foi oitavo e nos 200 estilos nos que rematou décimo.
Outros resultados, sin premio en forma de medallas, pero igual de importantes polo esforzo realizado foron:
ANTÍA SENÍN 22ª en 50 braza
DAVID PAMPÍN, 14º en 50 Costas e 11º en 50 Braza e 9º en 100 Braza
ROMÁN OROIS 10º en 50 costas e 8º en 100 costas
ALFONSO ANDRADE, 13º en 100 braza, 10º en 200 braza e 12º en 200 estilos
e MANUEL SEGADE, 17º en 100 bolboreta e 7º en 200 bolboreta
Tamén se acadou o 10º posto na proba de relevos 4x100 estilos masculino.
Podes ver máis polo miúdo as probas da Competición na sección resultados.
