Coma nos últimos anos, o Clube Natación Galaico Sercoysa de Pontevedra, organizou o Trofeo Promesas do Lérez, onde se deron cita o mellorciño da natación galega nas categorías máis cativas.
A piscina olímpica Rías Do Sur en Pontevedra albergou a novena edición deste Trofeo en sesións de mañá e tarde coa presenza de 14 clubes galegos e 1 portugués no que concursaron uns 400 nadadores das categorías benxamín e alevín, dos cuales tres nenas e tres nenos representaron ó Clube Natación Arzúa, voltando cunha nada despreciable cantidade de sete medallas, catro bronces, dúas pratas e un ouro.
CARLA CARRÓN acadou a medalla de bronce en 50 braza e foi quinta en 50 libre
IRIS SAMINGUEL acadou dúas medallas de bronce en 100 bolboreta e 100 braza
XIÁN SENIN dúas pratas 50 costas e 50 libre
e LORENA PEREIRO foi terceira en 400 libres e Campìona e medalla de ouro en 200 libres
Tamen participaron ÁLEX MARTINEZ que foi 14º en 50 costas e vixesimoprimeiro en 50 libre e MANUEL ALAMANCOS que rematou de 23 nos 50 bolboreta e de 39 nos 50 costas.
Despois destes resultados, o Arzúa, a pesar de participar con poucos nadadores acadou un incrible 8º posto da xeral.
Podedes velos resultados máis polo miúdo na sección resultados.
