Dende este venres, e durante toda a fin de semana, vanse celebrar nas piscinas do Complexo Javier Gómez Noya de Ferrol, os XLIV Campionatos Galegos de Natación Absolutos de inverno.
Para dita cita, o Clube Natación Arzúa desprazará ata a cidade departamental a catro nadadores:
David Pampín que nadará os 100 e 200 braza
Gaspar Andrade que competirá nos 400, 800 e 1500 libres e nos 400 estilos
Óscar Pereiro, nos 100 bolboreta, 50 e 100 costas e 100 libres.
Román Orois nadará os 200 estilos e os 50, 100 e 200 costas
e por último José Ramón Rey que participará nos 50 libres, 50 bolboreta e 50 e 100 braza.
Estos catro nadadores tamén formarán o equipo de relevos que participará nas probas de 4x50 e 4x100 estilos e nos 4x50, 4x100 e 4x200 libres.
Podedes consultala competición máis polo miúdo na súa web oficial.
