Este sábado vanse celebrar nas piscinas de Santa Isabel en Santiago a segunda xornada da Liga Galega Benxamín e a terceira da Liga Alevín.
En categoría Benxamín participarán polo Clube Natación Arzúa unha nena, Carla Carrón en 50 Braza, e tres nenos, Alex Martínez en 100 Braza e 50 Libre, Xián Senín en 100 Braza e 50 Libre e Manuel Alamancos en 50 Braza.
Xa en Categoría Alevín, nadarán 400 libres e 100 Bolboreta cinco nenas, Thalía Baleato, Lorena Pereiro, Andrea Peteiro, Iris Sanmiguel e Antía Pardo e tres nenos, Raúl Segade, Diego Conde e Iago Codesido que nadará 200 Libre e 100 Estilos.
Nesta categoría tamén haberá representación arzuá nos relevos 4x100 Braza Feminino.
Tendes as competicións máis polo miúdo na sección convocatorias.