Remataron os Campionatos de España de verán Infantil de natación e con eles a participación do noso representante Gaspar Andrade.
Gaspar comezou o martes con mal pe, tiña que nadar a proba de 100m. libres a primeira hora e atopouse mal, nadando nunhas condicións que non eran as máis axeitadas nin moito menos, estando a piques de vomitar durante a proba polo que, inda que de último, rematou a carreira. Tal era o seu estado que se barallou a opción de dalo de baixa na proba de 1500 da tarde.
Unha vez medio recuperado, gracias á atención de Silvia, Gaspar consigueu mellorar o seu mellor tempo, o que lle valeu para acabar sexto, que non está nada mal se miramos os tempos dos seus rivais, entre os que estaba o ex do Clube Natación Arzúa, Diego Mariño que se quedou ás portas do pódium por moi pouquiño.
Despois do descando do mércores no que non tiña probas, Gaspar afrontou a proba de 400 libres na que se quedou por dous segundos fora da final e cun salientable decimocuarto posto da súa idade.
Xa o venres, despideuse da competición na proba dos 200 libres, na que rematou no posto 32.
Podedes velos resultados máis polo miúdo na web da federación española de natación.
