Campionato de España Infantil de natación

Acabados os primeiros Campionatos de España Alevíns de verán celebrados en Manresa, agora tócalle a quenda ós Infantiles que, dende o vindeiro 23 e ata o 26 de xullo, se van dar cita nas piscinas Rías do Sur de Pontevedra.
Polo Clube Natación Arzúa teremos a Gaspar Andrade que tentará, cando menos, repetir os resultados do ano pasado nos que acadou a medalla de prata nos 1500 libres.
Gaspar nadará o martes 23 os 100 e os 1500 m. libres, o xoves 24 os 400 libres e xa o venres 25, cerrará a súa participación nestes campionatos, cos 200 libres.
Podedes seguila competición na web do Clube Natación Galaico Sercoysa, organizador do evento.