Primeiras competicións do ano

Despois das festas de Nadal e dun xenial megarrelevo, voltan as competicións oficiais.
Este sábado voltan ó traballo a maioría dos nosos nadadores.
Nas piscinas municipais da Fieiteira en Ribeira, vanse celebrar as terceiras xornadas das ligas Benxamíns e Alevíns.
Participarán os Benxamíns:
- Andrea Peteiro
- Iago Codesido
- Xián Senín
e os Alevíns:
- Lorena Pereiro
- Alba Senín
- Antía Pardo
- Thalía Baleato
- Raúl Segade
- Diego Conde
Nesta categoría teremos tamén equipo de relevos 4X100 Braza
Podedes consultala competición con mais detalle aquí.

Tamén o sábado, pero esta vez nas piscinas de Santa Isabel en Santiago, vaise celebrala segunda xornada da liga local Infantil.
O equipo arzuán estará formado por:
- Elena Peteiro
- Uxía Orois
- David Pampín
- Raúl Rodríguez
- Manuel Segade
- Gaspar Andrade
- Alfonso Andrade
- José Luis Sánchez
- Brais Senín
- Román Orois
Inda que en femenino non chegan para poder participar nas probas de relevos, en masculino contaremos con dous equipos na proba de 4X100 libre.
Comproba as probas ás que participa cada nadador aquí.