Os vindeiros días 2 e 3 de Febreiro, vanse celebrar nas piscinas do Centro de Natación M86 de Madrid os Campionatos de España Infantís e Xuvenís por Comunidades Autónomas.
Unha vez coñecida a convocatoria da Selección Galega, podemos confirmar que foron chamados para defender as nosas cores os nadadores infantís Gaspar Andrade e David Pampín, este último como terceiro suplente.
Noraboa ós dous.
