Comeza a tempada !!!
Este sábado pola tarde, vanse celebralas primeiras xornadas da Copa Galega de Clubes.
O noso Clube, despois do ascenso da tempada pasada, estará na Segunda División de novo.
Compartiremos División cos equipos de:
A.D. Fogar (Carballo)
C.N Portamiñá (Lugo)
Club del Mar San Amaro (Coruña)
A.D. Liceo (Coruña)
e C.N. Redondela (Redondela)
Como nos anos anteriores, a primeira fase consta de tres xornadas que se celebrarán:
1ª Xornada, día 20 de Outubro na Piscina Bergantiños de Carballo
2ª Xornada, día 17 de Novembro na Piscina Álvaro Pino de Redondela
e a 3ª Xornada o día 26 de Xaneiro nas piscinas de Frigsa en Lugo.
Logo haberá unha xornada final donde se decidirán os dous ascensos a primeira e os dous descensos a terceira.
Para a competición de este sábado en Carballo, sairá un autobús de diante da piscina a partir das tres menos cuarto, para apuntarse está habilitada, coma sempre, unha lista no taboleiro que o clube ten na piscina.