Carreira Pedestre Popular de Boimorto 2012

 Este pasado domingo, 16 de setembro, celebrouse na localidade de Boimorto a VI edición do seu Canicross e Carreira Pedestre Popular baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago).
Esta fermosa proba trascurreu por un dos sitios máis emblemáticos da localidade cun fermoso circuito darredor do pobo que fixo o deleite dos participantes.
Atletas da talla de Lolo Penas, Pedro Nimo, Robertas Geralavicius, Hassan Lekhili, María Jesús Gestido, Solange P. ou Yolanda Gutierrez inscribiron os seus nomes no palmarés desta magnífica proba organizada polo Concello de Boimorto a través da figura do seu técnico de Deportes e atleta César Buján (ex adestrador do Clube Natación Arzúa).
O noso clube estivo, coma en anos anteriores ben representado, nesta ocasión participaron:
  • Categoría Benxamín (1.000 metros):
    Masculino:
    Xián Senín Mouriño, 
    2º posto.
  • Categoría Alevín (1.000 metros):
    Feminino:
    Alba Senín García, 3º posto.
  • Categoría Infantil (3.167 metros):
    Masculino:
    Alfonso Andrade Budiño, 4º posto.
  • Categoría Cadete (3.167 metros):
    Feminino:
    Antía Senín Mouriño, 2º posto.
    Masculino:
    David Pampín Iglesias, 3º posto - Brais Senín Mouriño, 5º posto e Gaspar AndradeBudiño, 6º posto.
Podedes ver algunhas fotos do evento no noso facebook.