Campionato de España Xunior e Infantil de Inverno en Terrasa

Dende este sábado e ata o martes, a nadadora Iris Sanmiguel e os nadadores Raúl Segade e Gaspar Andrade -xunto co entrenador do clube Héctor García- participarán no Campionato de España Xúnior e Infantil de Inverno que se desputará en Terrasa.
Na categoría infantil, Iris Sanmiguel participará en 50 e 100 libres e 100 costas e Raúl Segade que nadará os 100 e 200 costas e os 200 estilos.
E na categoría xunior Gaspar Andrade, que loitará nos 1500 libres e nos 400 libres.