Copa Galega Alevín en Santiago

Este fin de semana vaise celebrar nas piscinas de Santa Isabel de Santiago a Copa Galega Alevín.
En representación do Club Natación Arzúa estarán dous nadadores, Xián Senín que desputará as probas de 100 e 200 libres e Álex Martínez que nadará os 100 m. libres.
Para ver máis polo miúdo as probas do campionato podes consultala páxina oficial da competición.