Resultados dos Galegos de Inverno Xunior e Infantil en Ourense

Este fin de semana, celebráronse nas Piscinas "Rosario Dueñas" de Ourense os Campionatos Galegos de Natación de Inverno nas categorías Xunior e Infantil.
O Clube Natación Arzúa estivo representado por 7 nadadores que voltaron coa nada desprezable cantidade de dous ouros, tres pratas e dous bronces.
Na categoría Infantil:
Lorena Pereiro foi vixésimoterceira nos 400 libres, vixésima nos 100 e 400 libres e decimoquinta nos 200 libres.
Raúl Segade foi noveno nos 100 libres e cuarto nos 100 costas (sinalar que se fose por idades subiría ó pódium nas dúas carreiras)
e Alfonso Andrade que foi 15º nos 400 libres, 12º os 200 libres, 7º nos 100 costas e 4º nos 200 costas.
E na categoría Xunior, onde se acadaron todas as medallas:
Gaspar Andrade proclamouse dobre Campión Galego en 200 e 400 libres, Subcampión Galego en 400 estilos e medalla de prata nos 200 costas.
e David Pampín, que se procamou dobre Subcampión Galego nos 100 e 200 braza e foi 4º nos 50 braza.
Xa nas probas de relevos, o equipo xunior formado por Román Orois, David Pampín, Brais Senín e Gaspar Andrade acadaron a medalla de bronce na proba de 4x100 estilos a só 19 centésimas do cuarto.
Podedes consultar a competición máis polo miúdo na web oficial.