Galegos de Inverno Xunior e Infantil en Ourense

Organizado polo Club Natación Pabellón de Ourense, dende hoxe venres e ata o vindeiro domingo, vaise celebrar nas Piscinas de 50 m. "Rosario Dueñas" da cidade das burgas o Campionato Galego de Natación de Inverno nas categorías Xunior e Infantil.
O Campionato comezará hoxe venres ás cinco da tarde, tendo as outras sesións o sábado e o domingo dende as dez da mañá.
Daranse cita nesta ocasión 306 nadadores de 24 clubs de toda Galicia.
O Clube Natación Arzúa estará representado por 6 nadadores, 1 rapaza e 5 rapaces dirixidos por Héctor García.
Os Nadadores convocados son:
INFANTILES:
Lorena Pereiro que nadará 100 costas e 100, 200 e 400 libres
Raúl Segade en 100 bolboreta, libres e costas
e Alfonso Andrade en 200 e 400 llibres e 100 e 200 costas
XUNIOR:
Gaspar Andrade que desputará os 200 libres, 400 libres, 200 costas e 400 estilos
David Pampín, 200 estilos e 50, 100 e 200 braza
e Brais Senín nos 50 bolboreta
Tamén teremos representación nos relevos 4x100 estilos
Podedes consultar a competición máis polo miúdo na web oficial, ou na sección convocatorias.