3ª Xornada da Liga Benxamín e 4ª da Liga Alevín en Santiago

Este sábado, vanse celebrar nas piscinas de Santa Isabel en Santiago a terceira xornada da liga Benxamín e a cuarta da liga Alevín.
Por parte do Club Natación Arzúa estarán nadando na categoría Benxamín cinco nenas:
Iria Alonso, Andrea Rúa e Aroa Otero que nadarán 50 libres e Uxía Vázquez e Carla Carrón que competirán nos 100 libres e nos 50 bolboreta.
e dous nenos:
Mario Gómez e Manuel Alamancos que nadarán os 50 libres.
Na categoría Alevín será unha nadadora:
Andrea Peteiro en 100 libres
e tres nenos:
Alex Martínez e Xián Senín en 100 bolboreta e Rubén Veiga en 100 libres.