5ª Xornada da liga Máster en Lugo



Este domingo, nas piscinas de Frigsa en Lugo, vaise levar a cabo a 5ª xornada da Liga Máster.
Polo Clube Natación Arzúa teremos cinco nadadoras:
Ana María García, Mª Teresa Mato, Cristina Balado, María Manteiga e Marisa Gil.
e tres nadadores:
Manuel Villar, Benigno Pereira David Canoura.
As probas que se desputarán nesta competición serán 50 libres, 50 costas e 400 libres.
Tamén teremos representación nos relevos 4x50 libres feminino.