2ª xornada da Copa Galega de Clubes en Monforte

Sen tempo para dixerila primeira xonrada da Copa Galega de Clubes xa está aquí a segunda, de novo en domingo e en Monforte de Lemos en dobre sesión de mañá (10:30) e tarde (17:30).
O Clube arzuán desprazará a terras monfortinas a seis nadadoras: Diana Cotón, Karen Blanco, Elena Peteiro, Antía Senín, Uxía Orois e Alba Senín e a oito nadadores: David Pampín, Manuel Segade, Gaspar Andrade, Alfonso Andrade, Xosé Manuel Estradas, Xosé Luis Sánchez, Román Orois e Xosé Ramón Rey.
As probas nas que van a competir serán 100, 200 e 400 libres e 50 braza, 100 bolboreta e 400 estilos tanto en feminino coma masculino e 50 costas feminino e 200 bolboreta e 200 costas masculino.
Tamén teremos representación nas probas de relevos 4x50 e 4x100 libres feminino e con dous equipos en cadansúa proba masculina de 4x50 e 4x100 estilos.