Resultados 4ª Xonrada Infantil en Arzúa

Gran ambiente o respirado este sábado pasado na piscina de Arzúa durante a celebración da cuarta xornada da Liga Infantil.
Nesta competición participabán, ademáis do Club Natación Arzúa, o Universidade de Santiago o Clube Natación Riveira e o Cidade de Santiago.
Polos arzuáns hai que destacar o 3º posto de Gaspar Andrade en 400 estilos, os segundos postos de Román Orois en 400 estilos e 200 libres e os primeiros postos de Gaspar Andrade en 200 libres, Uxía Orois en 100 bolboreta e 400 estilos e o relevo masculino de 4x100 estilos.
Bos resultados tamén para os outros representantes locais, Manuel Segade, Alfonso Andrade, José Manuel Estradas, José Luis Sánchez, Raúl Rodríguez, David Pampín e Brais Senín.
Podedes velos resultados ó completo na sección resultados.