Óscar Pereiro nos Xogos do Mediterráneo en Turquía

O nadador arzuán Óscar Pereiro ven de ser convocado pola Federación Nacional de Natación para formar parte da selección nacional de natación que representará a España nos Xogos do Mediterráneo que se a van celebrar este ano na localidade Turca de Mersin entre o 21 e o 25 de xuño.

Óscar nadará as súas probas predilectas, os 50 e 100 m. costas, comezando o venres 21 cos 50 e, xa o luns 24, os 100.

Pereiro partirá, xunto á outra galega convocada, María Vilas, mañá martes ás 7 e media da mañá do aeroporto de Vigo dirección Madrid onde se xuntarán co resto da expedición para facer viaxe cara Estambul.
Regresarán o mércores 26, chegando ó aeroporto de Vigo perto da media noite.

Podedes seguir toda a competición na súa web oficial.

Noraboa Óscar e Moita Sorte á selección española ne xeral e a tí en particular.