Do 21 ó 24 do pasado mes de Marzo, o nadador arzuán Óscar Pereiro, acompañado do seu adestrador Logi, desprazouse ás piscinas Rías do Sur en Pontevedra para participar no XIV Cto. de España “Open” de Primavera, formando parte dos 313 mellores nadadores do momento do panorama nacional (Rafa Muñoz, Mireia Belmonte, Aschwin Wildeboer, Duane da Rocha, Melanie Costa etc…) co propósito de refrendar a súa posición entre os mellores e acadar a marca mínima establecida pola R.F.E.N. para poder formar parte do equipo español no vindeiro Campeonato do Mundo que acollerá a cidade Condal no mes de Xullo.
Pereiro, recentemente proclamado Campión Universitario Americano e ata esas datas Campión de España Absoluto en 50 e 100 costas, levaba uns días polas nosas terras preparando dita cita.
Óscar participou en cinco probas:
Óscar participou en cinco probas:
O xoves tocaban os 50 libres na que partía co 14º mellor posto, nesa xornada Oscar acadou o 7º posto na final de 50 libres cun tempo de 23.19, co que, ademáis de ser o 4º Español máis rápido (diante del acabaron tres estranxeiros) bateu o Record Galego que xa posuía él mesmo dende xullo con 23:22 co que segue a ser o Galego máis rápido de tódolos tempos.
O venres era o seu forte, os 50 costas, no que partía co 2º mellor tempo, só superado polo gran Aschwin Wildeboer e a unhas décimas da mínima para o mundial de Barcelona. Desta vez Pereiro, arroupado por máis de medio cento de nadadores e simpatizantes do noso clube que se desprazaron á cidade do Lérez, acadou a mínima desexada, pero, ó acabar terceiro, non poderá estár na cita mundialista pois se veu superado por Aschwin e por Miguel Rando que ocuparán as dúas prazas polas que se loitaba.
Xa o sábado, Pereiro participou en 100 libres e 100 costas, nos primeiros partía co 25 mellor tempo e non pasou o corte para as semifinais e nos segundos clasificouse para a final do día seguinte.
E xa o domingo Óscar cerrou un torneo para non esquecer , descartando desputalos 50 bolboreta, nos que contaba co 17º mellor tempo para nadala final dos 100 costas na que rematou séptimo gracias a un tempo de 57:41, nunha proba dominada de novo polos seus compañeiros de podium nos 50 costas, Aschwin Wildeboer e Miguel Rando.
E xa o domingo Óscar cerrou un torneo para non esquecer , descartando desputalos 50 bolboreta, nos que contaba co 17º mellor tempo para nadala final dos 100 costas na que rematou séptimo gracias a un tempo de 57:41, nunha proba dominada de novo polos seus compañeiros de podium nos 50 costas, Aschwin Wildeboer e Miguel Rando.
Lonxe de desgustarse, Óscar xa está pensando nos vindeiros Campionatos de España de Verán nos que tentará mellorar as súas marcas e voltar a subir ó máis alto do caixón.
Noraboa Campión !!!