Campionato de España Open Primavera en Pontevedra

A partir deste xoves 21 e ata o domingo 24, o mellorciño da natación española (e algún que outro extranxeiro) se dará cita nas piscinas olímpicas Rías do Sur de Pontevedra para a celebración do Campionato de España RFEN Open de Primavera na procura, non só da consecución dos títulos de Campións de España, senón tamén das mínimas para o Mundial que se vai a desputar este verán en Barcelona.
O recente Campión Universitario Americano e actual Campión de España Absoluto en 50 e 100 costas, o arzuán Óscar Pereiro, xa leva uns días polas nosas terras preparando dita cita.
Óscar vai participar en cinco probas:
O xoves 50 libres (parte co posto 14º)
O venres ó seu forte, os 50 costas (2º mellor tempo, só superado polo gran Aschwin Wildeboer)
O sábado, 100 libres (25º) e 100 costas (5º a medio segundo do 3º)
E xa o domingo os 50 bolboreta (17º)
As probas teran as preliminares pola mañán e as finais pola tarde.
Todos estaremos moi atentos ó discorrer da competición, sobre todo a Óscar que non vai a estar só, xa que o Clube terá unha boa representación nas gradas apuxando.
Para os que non poidades ir, podedes seguilas probas na web da federación aquí.