Como vén sendo habitual durante os últimos anos, a piscina Olímpica do Complexo Deportivo Rías do Sur acollerá a Fase Territorial do XI Campionato de España de Longa Distancia en Piscina, que se celebrará durante a tarde deste sábado día 27.
As probas que se nadarán serán os 2000 metros libres Infantil, e os 3000 metros libres Júnior e Absoluto, ademáis do título autonómico, estará en xogo a clasificación para a participación na Fase Nacional que se celebrará no mes de febreiro en sede aínda descoñecida.
Pola banda do Clube Natación Arzúa participan os dous nadadores infantiles Gaspar Andrade e Brais Senín.
Para máis info, podedes visitala páxina da fegan ou a da competición.