![]() |
Instantánea deste sábado |
O C.N. Arzúa comezou a súa andaina desta tempada na Copa Galega de Natación cuns resultados alentadores.
O Clube Arzuán, neste ano da súa volta a Segunda e mirando ós seu rivais, parte coa premisa de tentar acabar entre os catro primeiros e así manter a categoría, tarefa compricada pero que, de momento, vai ben encamiñada.
Na primeira xornada celebrada este sábado nas piscinas Bergantiños de Carballo, os nadadores Arzuáns conqueriron un meritorio terceiro posto, só superados polos dous clubes coruñeses, o Clube del Mar San Amaro e o Liceo La Paz.
Este terceiro posto non pode servir de motivo para a relaxación, xa que as distancias entre os clubes son moi pequenas e a tempada é moi longa.
A próxima cita desta competición será o vindeiro día 17 de Novembro nas Piscinas Municipais Álvaro Pino de Redondela.