XIX CAMPIONATO DE ESPAÑA DE AUGAS ABERTAS OPEN

Gaspar Andrade, nadador do Club Natación Arzúa e bolseiro do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, vai participar este sábado e domingo no XIX Campionato de España de Augas Abertas Open que se vai levar a cabo no Lago de Banyoles en Girona.
O sábado 18 de xuño, as 10 da mañá, Gaspar nadará a proba de 10 km da categoría junior-2 e, xa o domingo 19, tamén as 10 da mañá, competirá na proba de 5 km da categoría absoluta.
A Real Federación Española de Natación anuncia que as probas se poderán ver en directo por internet (retransmitidas en streaming).
Toda a información aquí.