SÁBADO 21, 7ª XORNADAS ALEVÍN E BENXAMÍN E T.T. PROMESAS

Este sábado celébranse nas piscinas municipais de Santa Isabel en Santiago, ás séptimas xornadas das ligas Alevín e Benxamín de natación.
Para participar nas mesmas o Clube Natación Arzuá vai desprazar a tres nadadores alevíns:
María Tojo, que nadará 100 costas e Álex Martínez e Xián Senín, que participarán nas probas de 100 costas e 200 libres
Xa na categoría Benxamín teremos a cinco nenas:
Aroa Segade, Aroa Otero e Sofía Abbott, que nadarán os 100 estilos e 50 libres, e Carla Carrón e Laura Cendal, que competirán nos 100 e 300 libres.
E cinco nenos:
Hugo Mera, Mario Gómez, Anxo Mecías, Samuel Gallardo e Marcos Tojo que nadarán os 100 estilos e 50 libres.
Nesta mesma categoría tamén teremos representación nos relevos 4x50 estilos masculino.
Así mesmo, aproveitando esta competición, tamén se vai a levar a cabo unha toma de tempos na categoría Promesas onde teremos a Lara Pereiro, Vanessa Carracido, Patrick Abbottt, Neo Alonso, Brais Vázquez e Andrea Vázquez.