XXXVI TROFEO INTERNACIONAL MEMORIAL JUAN VARELA

Máis de 300 nadadores tomarán parte na XXXVI edición do Memorial Juan Varela e XIX Trofeo de natación Concello de Ferrol de natación organizado polo Clube Marina de Ferrol en colaboración co Concello, Deputación e a Armada Española, que se desputará este sábado nas piscina de Batallóns en Ferrol.
O concelleiro de Deportes, Bruno Díaz, presentou esta cita anual co mundo da natación acompañado de Fernando Bustabad, presidente da Asociación de pais e amigos de nadadores e Silvano González (Director Técnico).
O responsable da área municipal tamén anunciou que haberá unha comida de confraternidade no Pabellón do Colexio Isaac Peral para todos os clubes interesados, acompañantes e invitados da organización.
Os nadadores representarán ós mejores clubes da comunidade galega, así como tres de Portugal e un clube do Bierzo.
A competición se desenrrolará nunha sesión matinal entre as 10.30 e 13.00 horas e posteriormente a partires das 17.00 horas ata última hora da tarde.
Este torneo internacional ten a singularidade de que outorga premios en metálico para os cinco primeiros clasificados de 120, 80, 50, 30 e 20 euros, ademáis, haberá un premio de 100 euros para os que batan un récord galego na proba.
Polo Clube Natación Arzúa, para esta competición van convocados:
Lorena Pereiro, que nadará os 50, 100 e 200 libres
Uxía Orois, nos 100 bolboreta
Iris Sanmiguel, nos 100 libres e 50 e 100 costas
Raúl Segade, nos 50, 100 e 200 costas
Manuel Segade, nos 50, 100 e 200 bolboreta
Gaspar Andrade, nos 400 libres, 100 braza e 200 estilos
Alfonso Andrade, nos 100 libres e nos 100 e 200 costas
José Manuel Estradas, nos 50 libres
Brais Senín, nos 50 costas e 50 e 100 bolboreta
e José Ramón Rey, que nadará os 50 libres e 50 e 100 braza
Tamén teremos representación nos relevos de 4x100 estilos mixtos
Podedes ver todo maís polo miúdo na súa web.