Os nadadores e nadadoras do Clube Natación Arzúa que se trasladaron este sábado ata a piscina municipal de A Cañiza para participar na fase final da Liga Galega de Clubes, acadaron a primeira praza do grupo de loita por eludir o descenso e, por conseguinte, a permanencia na Segunda División da Liga Galega de Clubes.
Nesta segunda división o CN Portamiñá proclamouse campión seguido do CN Ponteareas, acadando os dous o ascenso a primeira división, mentres o Real Club Náutico de Vigo foi terceiro.
Na loita pola permanencia, o CN Arzúa foi primeiro con 432 puntos e mantén a categoría mentres que AD Fogar, con 343, e Universidade de Santiago de Compostela, con 242, descenden á terceira división.
As nadadoras que lograron a permanencia en segunda do Clube natación Arzúa foron, as xa habituais participantes do equipo feminino, Antía Villar, Lorena, Elena, Antía Senín, Uxía, Alba, Iris, Lidia e Cristina, uniúse nesta ocasión Sara Martínez Castro, nadadora de sempre do noso club, que tivo unha máis que notable participación. Entre os rapaces, e pese a que nesta ocasión o gran bracista Jose Ramón non estaba, porque está a participar no Campionato de España Universitario de Natación, ós habituais participantes na Liga, David, Raúl, Manuel, Gaspar, Alfonso, Brais, José Manuel e Román xuntóuse o adestrador, Héctor.