Última xornada da Liga de Clubs en Carballo

Este sábado vanse celebrar as terceiras e e últimas xornadas da fase preliminar da Liga Galega de Clubs.
As clasificacións están moi apretadas, polo que serán unhas xornadas de moitos nervios xa que de aquí sairá a composición da fase final para ascensos e descensos.
A División de Honra se desputará na piscina Rosario Dueñas en Orense, Primeira división na piscina Gómez Noya en Ferrol, Segunda na piscina Bergantiños en Carballo e Terceira na municipal de Xove.
O Clube Natación Arzúa está encadrado este ano na Segunda División estará representado por nove nadadoras: ANTÍA VILLAR, LORENA PEREIRO, ELENA PETEIRO, ANTÍA SENÍN, UXÍA OROIS, ALBA SENÍN, LIDIA VEIGA, IRIS SANMIGUEL e CRISTINA BALADO, e oito nadadores: RAÚL SEGADE, MANUEL SEGADE, GASPAR ANDRADE, ALFONSO ANDRADE, JOSÉ MANUEL ESTRADAS, BRAIS SENÍN, JOSÉ RAMÓN REY e RUBÉN VEIGA.
Na foto adxunta podedes comprobar como están as competicións a falta de esta última xornada.