Os nadadores do Club Natación Arzúa, José Ramón Rey e Gaspar Andrade veñen de participar nos XVII CAMPIONATOS DE ESPAÑA "OPEN" ABSOLUTOS DE PRIMAVERA que se levaron a cabo nas piscinas olímpicas Carles Ibars do Centro de Sports Can Llong de Sabadell (Barcelona).
Nesta edición o campionato foi do máis competido, proba delo foi que se acadaron varias mínimas para os Xogos Olímpicos de Río, destacando o da galega María Vilas que estará este verán na cidade Brasileira competindo nos 400 estilos.
Centrándonos nos nadadores arzuáns, dicir que José Ramón acadou o posto 30 nos 50 m braza, mentres que Gaspar Andrade foi 34º nos 400 libres, 18º nos 800 e 15º nos 1500 libres.
Se queredes velos resultados do campionato máis polo miúdo, podédelo facer na súa páxina oficial.