Este fin de semana, celebráronse nas piscinas municipais Parque Oeste de Oviedo os Campionatos de España por Comunidades Autónomas nas categorías Infantil e Xunior.
Galicia acabou nun meritorio 4º posto na xeral conxunta, (5º Infantil e 4º Xunior), separando por sexo, en feminino Infantil fomos sextas i en xunior cuartas, mentres que en masculino Infantil quintos e xunior cuartos.
Representando a Galicia estariveron once nadadoras e once nadadores.
Representando a Galicia estariveron once nadadoras e once nadadores.
Entre os seleccionados estiveron, ademáis do adestrador arzuán HÉCTOR GARCÍA, unha rapaza e dous rapaces do Clube Natación Arzúa
IRIS SANMIGUEL que foi 8ª nos 50 libres, 12ª nos 100 libres e 15ª nos 100 costas
RAÚL SEGADE que foi 13º nos 100 costas, 10º nos 200 costas e 12º nos 200 estilos
e GASPAR ANDRADE que foi 3º nos 1500 e 6º nos 400 libres.
Tamén aportaron o seu grauíño de aréa nas probas dos relevos.
Podedes velos resultados da competición na súa web oficial.
Podedes velos resultados da competición na súa web oficial.